top of page

Presentación : Galería de Saldos de Diego Giráldez. Santiago (15/09/2016)


A libraría Cronopios (R/Alfredo Brañas, 24) recibiu, engalanada coma sempre e co compromiso coa literatura que a caracteriza, un novo evento. Neste caso a presentación do libro de Diego Giráldez, Galería de Saldos. O autor non estivo mal acompañado porque, ademais dun público lector con moitas ganas de coñecer algo máis deste libro de relatos, contou coa presenza da escritora e presentadora María Solar, a actriz Nieves Rodríguez e Manuel Bragado en representación de Editorial Xerais de Galicia.

Manuel Bragado foi o encargado de abrir o acto cun discurso no que destacou a fantástica acollida que tivo esta obra tanto a nivel crítico como no público lector. Pese a que a crítica tardou máis do que o autor agardaba en pronunciarse, o resultado é satisfactorio tanto para a editorial pola recompensa dunha aposta firme e acertada, como para o autor, que recolle os froitos dun bo traballo.

Diego Giráldez e María Solar aproveitaron o seu turno de intervención cunha entrevista moi distendida e moi de agradecer para o público. Unha conversa na que as confesións trataron aspectos como : como foi o proceso de creación literaria, a influencia da súa formación en historia da arte no libro, a experiencia de publicar ou o por que do título da novela. Sen dúbida, aspectos que o lector descoñece e sempre escoita con gusto.

Para pechar o acto, Nieves Rodríguez leu un dos capítulos da novela. Unha lectura agarimosa que contribuíu a inmellorable impresión dos lectores que aínda non tiñan o libro nas súas mans.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page