top of page

Presentación : Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas. Vigo (16/09/2016)


A escritora viguesa Ledicia Costas presentou onte ás 19:30 na estatua de Jules Verne en Vigo, a súa novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Unha historia que recibiu o premio Lazarillo e que foi ben acollida no público infantil e xuvenil.

Non estivo soa, ó seu carón estiveron os historiadores Antonio Giráldez Lomba e Eduardo Rolland, a autora Mª Xosé Queizán e Manuel Bragado como editor de Xerais. Todos os presentes coincidiron na importancia da figura de Jules Verne na historia da cidade, e a importancia da marítima cidade de Vigo na vida e na literatura do gran creador francés.

Antonio Giráldez e Eduardo Rolland fixeron un percorrido sobre o contexto histórico da cidade de Vigo na época en que Jules Verne a visitou, e tamén recordaron o moito que queda por investigar acerca dunha figura mítica da literatura universal. Tamén reclamaron a colaboración da cidadanía para facer notoria a importancia da cidade como parada esencial na ruta verniana.

Mª Xosé Queizán interviu recordando a importancia da cidade de Vigo na súa obra e na historia universal. A ría de Vigo como espectadora de luxo de moitos dos conflitos, ledicias e curiosidades da historia. Un Vigo que non pode evitar destacar polo amor que sente coa cidade que a veu nacer.

Ledicia Costas completou as palabras dos seus compañeiros coa lectura do comezo da obra, que recorda que Vigo "é unha cidade poliédrica" e que a beleza e o amor ó mar é algo que non debemos esquecer. Por suposto, non puido evitar facer lembranza de Agustín Fernández Paz, un verniano declarado e amante de Vigo que, sen dúbida, gozaría moito de estar presente.

Unha presentación fermosa dunha novela que recorda un pouco a esencia de Vigo e que engade outra razón máis pola que Vigo debe ser unha parada indispensable no itinerario de calquera verniano.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page