top of page

Segundo anfiteatro: Teatro do Morcego, Os vellos non deben de namorarse


Compañía: Teatro do Morcego

Autor: Castelao

Dirección: Celso Parada

Escenografía: Leandro Lamas

Vestuario: Carlos Alonso

Iluminación: Daviv Deive

Elenco artístico: Josi Lage, Tatán, Miguel Borines, Mundo Villalustre, Mónica Camaño, Andrés Giráldez, Celso Parada, Celia González, Elina Luaces, María Veiga, Branca Francés y Rosa Estévez

 

Sinopse:

Los amores de tres viejos imprudentes, D. Santurio, D. Ramón y el señor Fuco, que tienen la desgracia de poner sus ojos en la juventud garrida de tres jovencitas: Lela, Micaela y Pimpinela.

Como consecuencia de esa imprudencia, los tres terminan muriendo. D. Saturio envenenado con cloruro mercúrico de la propia botica, D. Ramón, que por un beso entrega el alma tumbado en el estiércol, y el primogénito señor Fuco que termina casándose con su enamorada y muriendo de felicidad.

 

Gústame cando os espectáculos teatrais esquecen o de espectáculo e quédanse no teatral. As veces descoidamos que os textos máis clásicos naceron en diferentes contextos e que non se deben materializar segundo as leis de hoxe. A proposta de Teatro de Morcego da obra de "Os vellos deben namorarse" é clásica, correcta aínda que tamén morriñenta. Hai cousas coas que non se deben facer experimentos, e un texto coa forza e a beleza do de Castelao, non poder ser reinventado sen facerlle dano.

A representación que ofrece Morcego desta peza de Castelao non ofrece moito que criticar. É unha proposta coidada e clásica, pegada as leis clásicas e con ningún elemento novidoso. Unha obra que respecta as unidades máis clásicas e as regras de decoro. Aínda que iso poda parecer que non é valente, o complexo é facelo ben. Castelao imaxinaba unha representación semellante a esta cando fixo a súa obra. Nesta representación, o que prevalece é o texto, e os actores non teñen porque exercer ningún protagonismo.

Coa caracterización estou moi satisfeito. Creo que os actores encarnan ben os seus papeis e dotan os personaxes do que precisan, e de nada máis que iso. Gústame o feito de que respéctanse os comportamentos que Castelao pensa para cada un dos personaxes, e a parte musical na que intervén cada un, non se perde. Pese a distinta e gran cantidade de voces que presenta a representación, o texto non se perde entre o son e gozamos del con facilidade. As cancións posúen un valor narrativo imprescindible no texto de Castelao e aquí respéctanse moito.

Respecto ó ritmo, a obra é tamén moi clásica. De feito, as pausas entre escenas son tan marcadas que a moitos dos asistentes dáballes por aplaudir pensando que isto eran sketches televisivos. Pese a todo, creo que en ningún momento o texto foi eliminado para dar paso a outros elementos que puidesen modificar a súa traxectoria. A obra transcorre coa velocidade precisa para comprender o texto e seguilo sen problemas.

A escenografía é a parte máis difícil de valorar na obra. É certo que o minimalismo é o elemento que define o que pensaba Castelao para obra. No seu momento, os elementos non tiñan as posibilidades que teñen hoxe nunha concepción do drama cada vez máis mediada pola máquina e os sistemas para os efectos. Pero creo que o escenario quedou moi amplo para a proposta. En moitos caso fíxose tal diminución do espazo escénico, que so ocupou un flanco do escenario. De feito, na primeira escena, parte do público, na que eu non me inclúo, tivo que ver a obra coa cabeza de lado para poder gozar da escena. Tamén é certo que ese foi o único erro destacable coa posta en escena. Penso que a limpeza e ausencia de moitos elementos no espazo escénico permite o espectador construír o relato con maior atención. Non hai distraccións para o público.

En resumo, unha representación correcta da obra de Castelao que permite ó público gozar dun espectáculo teatral que ten menos de espectáculo, pero si de teatral.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page