top of page

Presentación : Paco Barreiro, Beixos de lingua. Casa del Libro. Vigo (19/05/17)


A casa do libro foi o escenario elixido para a presentación de Beixos de Lingua na cidade olívica. O acto tivo unha asistencia notable de público e nel participaron Fran Alonso en representación de Edicións Xerais de Galicia e o autor Paco Barreiro.

Inaugurou o acto Fran Alonso falando de que no poemario "a lingua e a palabra son o eixo central" polo que foi presentando dunha maneira máis técnica cantidade de xogos formais e lingüísticos que hai no poemario. O que máis sorprendeu a Fran Alonso deste libro foi que "pertence a unha poesía visual e lúdica que non é tan habitual na literatura galega" e que "ese sentido lúdico, o humor e o xogo constante son as súas armas". Tras unha interesante e profunda análise que foi moi ilustrativa, pechou a súa intervención sinalando que este é un libro " moi entretido, dos que gusta compartir e ler en voz alta para os demais".

Paco Barreiro presentou o libro como un conxunto de anotacións que fixeron sentido por elas mesmas. "A lingua é a que desperta as cachadas que hai no libro". Entre diferentes pezas musicais inspiradas en xogos coa lingua, deixou tamén abertas moitas portas a reflexión. Sinala que "a palabra é pensamento porque sempre ten un significado" e "partindo dunha palabra ou idea unhas tiran de outras constantemente". Sen dúbida, o que mellor define o seu libro é que "a síntese esquece e difumina os matices que son o máis fermoso".

A verdade é que foi un privilexio escoitar a estes dous poetas presentando un libro tan bonito coma este. Unha nova aposta por unha poesía que xoga co lector e que é tan infinita como a lingua.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page