top of page

Esther F. Carrodeguas : " todo o mundo me di que Coralia e Maruxa son como Vladimir e Estragon,


Esther F. Carrodeguas (Rianxo 1979) é escritora, actriz e directora teatral, xornalista, técnica audiovisual,. Licenciada en Xornalismo e Técnica Superior en Imaxe, tras traballar durante anos no eido audiovisual, decide cambiar o seu rumbo vital no 2006 de cara ao teatro e a creación propia. É así como comeza a formarse en interpretación en Espazo Aberto, na Escola Internacional da Comicidade e na actualidade, estuda xa 4º de Dramaturxia Escola Superior de Arte Dramático de Vigo (ESAD).

Membro xunto con Xavier Castiñeira e Ozkar Galán da compañía ButacaZero (onde pendula entre actriz e dramaturga) dirixe e dramatuga dende o ano 2010 o Cadro Artístico Airiños, compañía de teatro en activo máis antiga de toda Galicia. Activista cultural especialmente na súa vila natal e arredores, xestiona dende o ano 2012 recitais poéticos de caracter grupal (tipo slam ou macrorecitais).

Texto e fotografías: Esther F. Carrodeguas e Eme2

 

1. Cal foi a razón que a levou a escribir Voaxa e Carmín?

Estaba namorada desas dúas personaxes, polo que teñen de máxico e de misterioso. Pero sobre todo, cría que a historia que case ninguén coñece, había que facela saber. Cría, se sigo a crer, que é de xustiza política, e poética.

2. Tivo en mente algunha influencia para crear a peza?

Sen dúbida: Thomas Bernhard. Aínda que todo o mundo me di que Coralia e Maruxa son como Vladimir e Estragon, de Beckett, e pode que non lles falte razón, aínda que non teña sido tan consciente.

3. Ó consultar o texto sorprende ver a súa disposición case a modo de versos. Por que concibiches a peza desta maneira tan poética?

Por una parte, a miña escrita é sempre un pouco poética. Por outra, parte desa idea miña previa de que as personaxes eran así, en verso, como algunhas das pezas de Bernhard. Nunca puiden imaxinar que esas personaxes tan caracterizadas poderían falar no teatro dun xeito realista. E o verso libre, penso, acáelles moi ben.

4. Mentres o escribía pensou algunha vez na posibilidade da súa representación?

Por suposto. Sempre pensei que se montaría, que eu o montaría, de feito. Escribino para poder levalo a escena e para dar a coñecer a historia. E por iso tamén acabaron por estar soas en escena: para que a producción puidera ir adiante fácilmente, por cuestións de produción. Aínda que en realidade, creo que tamén están ben así, soas, que é como elas, seguramente, estaban.

5. A cidade de Santiago non so é un espazo para a obra, senón que as súas rúas e locais permiten ás protagonistas enfrontarse con distintas realidades….

Para min, Santiago é sen dúbida ese terceiro personaxe principal. Conscientemente metín os lugares, para que esa oda á miña cidade de adopción estivera presente. Esas pedras que me deron tanto e seguen a darlle tanto a tantos e tantas estudantes.

Coralia e Maruxa percorreran as rúas de Santiago durante toda a obra. Fotografía: Esther F. Carrodeguas

6. Pódese dicir que a cidade e sociedade Santiago abandonou a estas mulleres nesa época?

Si e non. Houbo unha Compostela que lles deu as costas, e outra que lles deu a vida, ese tecido social que lles deixaba comida, cartos, vestiario, voaxa ou carmín. Había dúas caras da moeda ‘Compostela’, como había dúas vidas que convivían, unha máis á luz, e unha na sombra. Pero estaba, sobrevivía a escuras, ata que puido saír á luz.

7. A cuestión da identidade é fundamental na peza. De feito, moita xente pode que non tivese coñecemento de que as famosas “Marías” non se chamaban todas igual…

Por suposto, para min darlles nome, e tamén apelidos, era moi importante. Que deixaran de ser “marías” para ser como eran: Maruxa (ou Maruja, en realidade) e Coralia.

8. Respecto de Maruxa e Coralia, nas miñas anotacións sobre o espectáculo non puiden ignorar a súa dualidade coma personaxes. Pese a que poida parecer que Maruxa é quen dirixe a Coralia, ó final descubrimos que Coralia é quen debe turrar de Maruxa para que se enfronte a realidade…

Maruxa por suposto é a maior e fai o que cre que ten que facer: guiar, conducir, mandando, negando, e sempre dende o medo. Coralia é máis ilusa, no sentido de que se ilusiona, e finalmente, con esa ilusión, aproveita o que pode para saírse da norma. En todo caso, a peza pretende contar que tanta represión non pode facer ben. Que tanto silencio é perxudicial. E por suposto, que cando as cousas se levan demasiado lonxe, saír dese bucle, aínda que se queira, tampouco é tan fácil.

9. Penso que é unha sorte inmensa contar con dúas actrices de nivel como Belén Constela e Mabel Rivera para representar un texto no que se precisa moitísimo traballo por parte das actrices.

Si, foi un luxo. Traballar con elas, pola experiencia que teñen, pero sobre todo polo compromiso a nivel persoal. Involucráronse coa historia a fondo. Documentáronse, fixeron entrevistas, foi unha parte fundamental pode contar cunha equipa non so interesada en facer teatro senón en contar esta historia. (E por suposto, aprenderon o meu texto, que non é nada fácil, e iso teño que agradecerllo moito, jajaj)

10. Para concluír, traballa actualmente nalgunha obra ou espectáculo da que nos poida adiantar algo?

Pois agora estou a desenvolver varios proxectos. Entre eles, unha peza sobre Alzheimer, unha sobre a identidade galega no século XXI, partindo desa imaxe das aldeas abandonadas que abundan na nosa terra.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page