top of page

Recensión : María Canosa e Kike Gómez, O que nunca che contaron


Título: O que nunca che contaron Autores: María Canosa e Kike Gómez

Ilustracións : Dani Padrón Editorial: Santillana Obradoiro (Oqueleo) ISBN: 9788416834808 Nº de páxinas: 96 páxs

 

Sinopse :

Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter todas as cores que imaxines? Observaches o ceo á noite e non fuches quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde tiran a inspiración os magos? Ao que descubras os segredos que agochan estas páxinas, verás o que acontece ao teu redor de xeito diferente.

 

Nunca vos preguntastes quen é o autor dalgúns dos fenómenos máis complexos do día a día? Sodes incapaces de explicar ós vosos fillos termos tan abstractos como a inspiración? María Canosa e Kike Gómez presentan divertidas solucións a estes problemas en seis fantásticos relatos sobre "o que nunca che contaron".

Nestes relatos temos unha agradable combinación entre imaxinación e unha prosa adaptada ós máis pequenos. Ambos autores conseguen amosar un estilo moi similar nuns relatos que seguen unha estructura común e que non pecan de ser excesivamente didácticos. Algúns conteñen sentenzas moi fermosas que poden facer replantarse certos principios a moitos lectores.

Comprendeu que o horizonte é máis extraordinario cando non é preciso pintalo (páx. 36)

A sinxeleza da prosa é inversamente proporcional ós delirios imaxinativos dos autores que presentan personaxes que conseguirán facerse un oco no imaxinario dos nenos con facilidade. Case todos eles viven en mundos onde existe un perigo que ameaza o seu traballo, nalgúns casos o contacto cos propios humanos e noutros inimigos tan abstractos como a rutina. Todos conseguen superar os seus problemas grazas a súa determinación e constancia nas funcións.

O humor é un elemento fundamental nestas historias pois serve tamén para trazar as personalidades dalgúns dos personaxes e para facer fincapé no inverosímil dalgunhas das situacións. Coido que máis dun rapaz escachará a rir con algunhas dos enxeñosos traballos e funcións dos protagonistas destes contos. Tamén debo destacar unha importante mensaxe ecoloxista que trascende en moitos deles.

Mención especial merecen as ilustracións de Dani Padrón que dan vida ós personaxes dos contos e aportan un matiz visual moi importante na comprensión das historias por parte do público infantil. Todas elas dunha beleza extraordinaria e de unha calidade necesariamente destacable.

En resumo, este libro é un fantástico título para agasallar ós nenos. Nesta publicación condénsanse todos os ingredientes para introducir os máis pequenos no hábito de ler e, tamén, ensinarlles que a literatura permite dar unha explicación ós fenómenos que incluso a razón non pode.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page