top of page

Recensión : María Canosa, Non é París


Título: Non é París Autora: María Canosa

Deseño de Cubertas: Olaya Naveira Editorial: Bolanda ISBN: 9788460896944 Nº de páxinas: 104 páxs

 

Sinopse:

Marcela é unha muller afeita a tomar decisións importantes tras meditar moito as mesmas. Sabe cal é o rumbo que desexa seguir e actúa en consecuencia para obter o seu obxectivo. É resolta, decidida, afouta pero, por primeira vez na vida, non lle dan opción. Múdanlle a situación persoal sen consultarllo, polo que se ve na obriga de comezar unha nova vida que, ademais, rexeita de principio.

 

É preciso que na literatura haxa un espazo para calquera texto no que se fale da realidade dunha maneira crítica e dende unha perspectiva analítica. Toda a tradición da novelística romántica peca de amosar relacións baixo supostos e leis morais que teñen a súa orixe no falocentrismo que lamentablemente segue a dominar a historia social da humanidade. Non é París de María Canosa é un libro que fai unha crítica potente ó amor "romántico" dende unha historia que podería ser perfectamente real.

Marcela é unha muller autónoma que vese afectada polo veleno que supón unha relación tóxica. O amor na novela é para ela a única motivación para formar parte dun mundo ó que ela non atopa encanto. A súa Colombia natal supón unha conexión tanto familiar como espiritual para ela coa realidade e todos os días cae na necesidade de regresar. A aparición de Ricardo é para ela o derradeiro tren a unha vida de amor e felicidade, ou iso é o que a sociedade quere que adopte.

Deixou de aceptar ideas ou outras posibilidades. Cerrouse en banda. Ela queríao, sen dúbidas, polo que todo o que tivese que facer para manterse ao seu carón, entendíao como unha bendición. (páx.22)

A chegada a unha nova cidade e os primeiros meses con Ricardo son toda a vida desta muller ata case o final da novela. Non ten amizades nin motivos para saír a rúa. Co paso do tempo incluso chega a esquecer moitas veces a chamada diaria a súa familia, que simboliza para ela a conexión cos seus orixes. Finalmente a toxicidade remata coa relación e poderemos analizar o proceso de autodestrución progresivo de Marcela ata que atopa algo que a fai cambiar.

Nun principio pensara que podería seguir e chegou a convencerse totalmente diso, pero co paso do tempo estaba resultando unha tarefa demasiado ardua para ela. Co transcorrer dos días, amoreábanse lembranzas en exceso. Absolutamente todo o que tiña na cidade de Santiago era el. So él. Calquera cousa, por insignificante que fose, xiraba en torno á súa persoa e iso estaba a converterse nunha laxe excesivamente pesada. (páx. 37)

Tanto a edición como o texto desta novela están moi traballados. O título é perfecto xa que ilumina perfectamente a crítica que fai a autora o amor romántico, que sempre se presenta baixo a referencia da monumental capital francesa. Sen embargo tamén obsérvase nela unha derradeira chamada a esperanza e a crer no avance da sociedade. Os capítulos son moi curtos e de fácil lectura e a carencia de extensas descricións substitúese por un continuo análise da psicoloxía e comportamentos dos personaxes.

En resumo, Non é París é unha novela que critica o amor "romántico" dende a base dunha relación tóxica. Unha análise que pode semellar inocente nas primeiras páxinas pero que resulta moi iluminadora co paso das páxinas

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page