top of page

Companhia do Chapitó: " A nosa proposta baséase no escenario baleiro e na expresión corporal&qu


Aproveitando a súa chegada a Vigo onde terá lugar a representación de Electra, o seu máis recente espectáculo, a compañía portuguesa Companhia do Chapitó con Nádia Santos como portavoz, tivo a amabilidade de respostar a algunhas cuestións sobre o seu traballo e proposta teatral.

• Cando e como nace Companhia de Chapitó?

A compañía formouna Jose Carlos Garcia en 1996 despois de terminar na escola de Chapito. O seu propósito foi a formación dunha compañía itinerante e facer un traballo de teatro fisico e comedia visual. Tiña a intención de crear espectáculos con poucos recursos escénicos para desprazar os espectáculos polas cidades sen problemas e darlle a corporalidade un papel importante. Baixo estes principios a compañía crece e ningún espectáculo é o mesmo que o anterior.

• Cal é a esencia dos vosos espectáculos? En qué consiste a vosa proposta teatral?

En Teatro non se precisa de moitos recursos para contar unha historia. Basta un espacio baleiro e os corpos, emocións e voces dos actores. Un gesto pode ser moito máis eficaz que unha palabra (ou varias) e un solo obxecto pode tener moitos significados. Invitamos ó público a imaxinar con nós e ten un papel de importancia na función. Participa, completando la historia co seu propio universo.

• Polo que vemos no seu repertorio. O teatro clásico é a base das creacións da compañía…

Non soamente obras clásicas, tamén temos outras creacións orixinais. Pero a compañía sentese cómoda traballando cos clásicos. Son obras universais, que tratan de temas comúns a toda a humanidade e por iso son atemporales. Os clásicos son historias de homes e mulleres con virtudes e defectos que luchan por ideales, polo amor, pola honra, pola súa familia… calquera espectador identifícase con isto.

• Como nace o espectáculo de Electra? A creación é paralela a de Edipo (anterior espectáculo)?

Electra non nace por unha necesidade despois da realización Édipo, pero entre elas establécese un paralelismo porque o público coñece ambos complexos e asociaos. A proposta en Electra é diferente a de Édipo no sentido de que temos, aínda que poucos, moitos máis recursos. Édipo é ten un escenario baleiro. Aquí temos banda sonora, figurines máis rebuscados, xogo de luces, e un montón de cucharas que serven para una cantidade sorprendente de acciones. A obra resulta máis coreografiada, máis sinxela, pero non esquece o obxectivo, narrar unha traxedia utilizando códigos de comedia. O proceso creativo si que foi similiar porque partimos de ambos textos clásicos e retiramos o que queríamos contar, sempre improvisando, xogando e experimentando hasta que crear unha estrutura.

• Como é o traballo para os actores no espectáculo de Electra?

Pues es en primero lugar un trabajo exigente físicamente pero moi agradecido. Hai moitos cambios de personaxe e temos que ser meticulosos para non confundir ó espectador. Irónicamente ó mesmo tempo hai moita liberdade na actuación. Cada uno criou os seus personaxes (dentro do contexto da obra claro) e é libre para vivir dentro deles.

Se queredes saber máis de Electra e da Companhia de Chapito tedes unha cita con eles o Venres 13 de Octubre ás 21:00 no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. Entradas a 8 euros.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page