top of page

Recensión: Pablo Aranda, Ximena Maier e Anaír Rodríguez, De viaxe polo mundo. Contos e curiosidades.


Título: De viaxe polo mundo. Contos e curiosidades.

Autor: Pablo Aranda

Ilustracións: Ximena Maier

Tradución: Anaír Rodríguez Rodríguez

Editorial: Xerais

ISBN: 9788491212652

Nº de páxinas: 98 páxs

 

Sinopse:

Descubre os 5 continentes: Europa, África, América, Asia e Oceanía.Viaxa polo mundo da man dunha nena, un neno e un can, aprendendo unha morea de curiosidades. Percorre 22 países mergullándote na súa cultura e tradicións: España, Italia, Exipto, Etiopía, México, Perú, a China, Irán ou Australia, entre outros. Cun pasaporte para personalizar, pega a túa foto e escribe o nome dos países que visitaches.E… a cales che gustaría viaxar?

 

Este mes de outubro Xerais publicou un álbum ilustrado que merece algúns comentarios pola miña parte polo orixinal do tratamento dos seus contigos e a súa vertente didáctico-artística. Neste libro reformúlase o concepto de Atlas presentando a xeografía como un fermoso díptico entre literatura e historia, enchendo as páxinas de historia de moitos países do mundo e aderezándoo todo con historias curtas, divertidas e divulgativas.

A escolla dos países tamén é interesante porque hai moitas culturas subalternas para os europeos como a iraní e a etíope que están presentes entre as 22 nacionalidades que compoñen este volume. Sen embargo países europeos de gran importancia económica e poder non teñen unha páxina propia. Estas escollas amosan a intención dos autores, informar e chamar a curiosidade dos nenos sobre realidades que non están tan presentes no seu día a día.

No aspecto estilístico teño que destacar as fermosas ilustracións de Ximena Maier, que non escatiman en cores e enchen de beleza as páxinas de este álbum. O traballo cos textos por parte de Pablo Aranda e Anaír Rodríguez permítenos enfrontarnos con textos moi sintéticos e que enfocan as partes máis interesantes para os nenos.

En resumo, este album ilustrado é unha gozada para compartir cos pequenos da casa. Unha exposición xeográfica e histórica tanto do mundo coñecido como do subalterno dunha maneira moi entretida.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page