top of page

Segundo Anfiteatro: Después del ensayo de Ingmar Bergmann (Vigo, 08/03/2018)


EQUIPO ARTÍSTICO

Autor: Ingmar Bergman Versión: Joaquín Hinojosa Dirección: Juan José Afonso Escenografía: Josep Simón + Eduardo Díaz Iluminación: Felipe Ramos (A.A.I.) Música Original: Luis Delgado Vestuario: Ana Llena + Alejandra Hernández Ayudante de Dirección: Sofía Monreal Fotografía y diseño: Javier Naval Construcción decorado: NEOescenografía Producción Ejecutiva: Víctor Fernández Guerra Producción: Grey Garden S.L. + Tossal Producciones

REPARTO Emilio Gutiérrez: Director Chusa Barbero: Raquel Rocío Peláez: Ana

O pasado e histórico xoves 8 de marzo tivemos ocasión de gozar no Teatro García Barbón de Vigo da representación de Después del ensayo de Ingmar Bergmann, ata o de agora so levada á escena en catalán, con Emilio Gutiérrez, Chusa Barbero y Rocío Peláez como protagonistas.

Nunha xornada de reivindacións feministas tivemos ocasión de vivir unha máis en escena. Esta peza é unha homenaxe as figuras femininas que influíron na vida de Bergmann dunha maneira notable. Pese a que era un home hermético e moi complicado no persoal, aproveita este derradeiro texto teatral para dotar de vida a aquelas pantasmas persoais que o atormentaron durante toda a vida. Nesta peza o medo, a falta de sensibilidade, o desexo (sexual), a vellez ou a apropiación da profesión como maneira de entender a vida son os elementos protagonistas.

Por suposto, isto non quere dar a entender que Bergmann fose feminista. Neste texto está a derradeira oportunidade de redención para un home que aparentaba baleiro. Todos eses maltratos e erros do pasado se observan dende outro punto de vista moito máis sensible e xustificativo. A aparición dunha nova actriz (Rocío Peláez) para o mesmo papel que representou a nai dela (Chusa Barbero), supón unha nova volta ós inicios do director (Emilio Gutiérrez) que non quere cometer os mesmos erros.

Esta historia sitúase no teatro despois dos ensaios, un lugar cheo de atrezzo doutras montaxes dirixidas polo director. Estes elementos serven tamén como axuda para recompor feitos pasados e para a introdución de flashbacks. Este é o espazo onde o autor séntese completamente libre para combinar ideas e reflexionar sobre as súas accións. A invasión deste espazo por parte das dúas mulleres trae consigo o conflito, tanto interno como dia lóxico, e tamén amosa as dúas caras máis extremas do director. Neste feito está o contido indirectamente feminista da obra, a necesidade de penetrar os espazos patriarcais e autónomos para convertelos en feministas e colectivos.

Imaxes da representación da peza. (Fonte: greygarden)

O traballo do elenco nesta peza é sublime. A calidade dos integrantes é xa coñecida por outros traballos en escena e tamén para o audiovisual. Especial atención merece o traballo das actrices, que exercen un dobre papel como personaxes e metapersonaxes. O traballo coas emocións, o xogo coa sensibilidade e amosar un carácter forte nas situacións que o requiren fainas moi versátiles e que doten de potencia a un discurso.

Neste espectáculo a palabra e o discurso priman sobre a actuación. Asistimos a unha obra cun peso enorme do diálogo e que ignora un pouco a expresión máis artística e parateatral. O espazo escénico ten un deseño moi atinado, máis podería aproveitarse moito máis co resultado de liberar os movementos dos actores. O problema deste tipo de espectáculos é que aquel que non siga o discurso con facilidade ou perda o fío pode rematar de visionar o espectáculo sen comprender o seu contido.

Deseño do espazo escénico (Fonte: greygarden)

En resumo, esta peza é un manifesto potencial co que definir o oficio teatral e a todos aqueles que participan del. Os personaxes interiorizan os comportamentos escénicos dunha maneira que non lles permite ver a vida de outro modo. A paixón, dedicación e impulsividade que precisa este tipo de arte non lles permite conectar cun mundo que non utiliza ese mesmo código. Un lamento dun Bergmann que non puido sumarse a unha causa, a igualdade, e a un momento, a vida extraescénica, que nunca identificou e de cuxa existencia decatouse tarde.

Non podo rematar o comentario sen facer referencia ó discurso das dúas actrices deste espectáculo antes de comezar a peza. Nun día tan importante no que non puideron participar dos actos desa tarde, enviaron unha mensaxe de igualdade, solidariedade e apoio a todas esas mulleres que, como elas, xa non queren participar máis da subalternidade á que as someteu a sociedade patriarcal. É que, como di o título desta peza, despois do ensaio que supuxo para todos esta folga virá un espectáculo aínda maior que será, por suposto, feminista.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page