top of page

Recensión: J.R.R. Tolkien, O hobbit


Título: O hobbit Autor: J.R.R. Tolkien Editorial: Sushi Books

Traducción: Moisés Barcia ISBN: 9788416884117 Nº de páxinas: 290 páxs

 

Sinopse:

Ó hobbit Bilbo Bulseiro gústalle a vida cómoda e tranquila do seu burato–hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ó día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu interior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trascadeada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, emprende unha longa viaxe con trece ananos barbudos en dirección ás Montañas para recuperar un tesouro roubado polo dragón Smaug, esquecido hai moito tempo.

Edición especial e limitada, en tapa dura e con ilustracións a cor e en branco e negro do propio autor.

 

Nesta entrada non hai moito de comentario literario pois penso que é complicado dicir nada que non se comentase antes da obra de Tolkien tanto por parte da crítica como polos milleiros de lectores en todo o mundo do clásico autor británico. Aproveito entón para presentarvos este agasallo da editora Sushi Books a todos aqueles que aman as aventuras de Bilbo Bulseiro.

Este libro é unha edición limitada e especial da fantástica obra de Tolkien, xa que inclúe o texto íntegro vertido ó galego por Moisés Barcia e ilustracións en branco e negro feitas polo propio autor. Na parte exterior esta coidadísima edición ten un corpo de cartoné forrado en símil pel e estampación de ouro tanto nos distintivos do libro coma nas inscripcións en élfico que hai na capa.

Non perdades a oportunidade de ler este libro xa non so polo fermoso da edición senón polo necesario cambio de perspectiva que precisan aqueles que non consumiron esta obra literaria e aceptaron por boa a adaptación fílmica, inxusta e non fidedigna, desta gran obra. Agardo que tamén as ventas deste libro colaboren para convencer as editoras en galego da necesidade de traducir más títulos de Tolkien á nosa lingua. Aseguro que ía ter lectores.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page