top of page

Recensión: María do Carme Kruckenberg, O morto asasinado e outros contos


Título: O morto asasinado e outros contos Autora: María do Carme Kruckenberg

Edición: Mercedes Queixas Zas

Ilustracións: Eva Lloréns, Mercedes Lence, Gonzalo Suárez, Antón Goyanes e a propia autora. Editorial: Galaxia ISBN: 9788491511519 Nº de páxinas: 60 páxs

 

Sinopse:

Entre 1998 e 2012, María do Carme Kruckenberg publicou periodicamente, en edición non venal e co propósito de servir de agasallo ás amizades, un total de quince relatos breves acompañados de ilustracións de Eva Lloréns, Mercedes Lence, Gonzalo Suárez, Antón Goyanes e da propia autora. Eses relatos, xunto con outros sete publicados en 1999, reúnense neste libro. A experiencia vital da autora é a gran protagonista e o nexo destas pezas literarias nas que a sensibilidade da poeta, as súas vivencias e o pouso da memoria configuran un tecido feito de retallos, historias e impresións persoais sobre a vida e a xente. Unha ollada literaria que é o envés, tamén verdadeiro, da aventura irrepetible da poeta.

 

Mercedes Queixas recolle neste volume, publicado por Galaxia, unha gran cantidade de relatos da autora galega e que contribúen a ensalzar o traballo desta gran poeta no eido da narrativa curta, tal vez o aspecto máis descoñecido da súa obra.

Moitos destes contos son tan breves que incluso merecerían a valoración de microhistorias. Sen embargo, é xusto sinalar que a maioría deles ligan perfectamente esa curta extensión cun bo manexo dos recursos narrativos. Todos estes contos están acompañados dunha gran cantidade de ilustracións de diferentes autores que, a pesar de non seguir unha mesma liña artística, aportan un importante e adecuado compoñente visual ós textos.

Por suposto non sería xusto sinalar que todos os textos son dunha calidade excelente, pero coido que ilustran moi ben os temas que eran de interese para a autora. Ademais todos os textos conteñen un compoñente lúdico moi importante xa que xurdiron para ser agasallos literarios ás amizades.

En resumo, este O morto asasinado e outros contos é un volume que colabora enormemente na divulgación do traballo no eido da narrativa de María do Carme Kruckenberg por e para a cultura galega.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page