top of page

Recensión: María Canosa e Dani Padrón, Caderno de lúas


Título: Caderno de lúas

Autora: María Canosa

Ilustrador: Dani Padrón

Editorial: Bululú

ISBN: 9788491210160

Nº de páxinas: 36 páxs

 

Sinópse:

Os cadernos gardan letras, números, palabras, historias, contar. Soños. Para ingresar os tesouros que gardan, tes que abrilos e ingresalos. Só entón podemos descubrir desde unha fórmula máxica para atrapar bruxas ás diferentes caras da Lúa. Porque o satélite da Terra non sempre ten o mesmo rostro. Mire atentamente.

 

O prolífico tándem Canosa-Padrón é o responsable deste libro de tan atractivo publicado por Bululú e orientado cara un público infantil. Un libro de pastas duras que fala dos soños e da necesidade de observar, de descubrir a realidade e os seus elementos dende todas as perspectivas. Un caderno como medio para materializar todo o intanxible e chegar a esencia da beleza dos soños.

Neste libro é preciso destacar, dentro de esta exitosa parella literaria, a Dani Padrón, responsable dunhas ilustracións magníficas que transmiten con sensibilidade e tino o texto de Canosa, menos interesante que noutros dos seus libros mais cun poder evocativo salientable.

Neste vídeo poderedes ver o exemplar en profundidade e coa reprodución dalgunhas das ilustracións. (Fonte: Youtube)

En resumo, Caderno de lúas é unha mostra máis do resultado da necesaria colaboración entre autor e ilustrador para construír un libro atractivo para os máis pequenos e que consigan introducilos na lectura nun mundo abarrotado de estímulos visuais externos como é o noso.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page