top of page

Recensión: María Victoria Moreno, As cinco castes


Título: As cinco castes

Autora: María Victoria Moreno

Ilustracións: Lidia Cao

Editorial: Urco Editora

ISBN: 9788494875502

Nº de páxinas: 43 páxs

 

Sinopse:

A superficie da Terra está poboada por seres diferentes, non só polo xeito de ser comportar, senón tamén polas súas cores e feituras. Estes agrúpanse en castes segundo as súas características e poden pertencer á caste dos paxariños, dos bichos, dos animais, dos nós ou dos amos.

Urco Editora publica este texto infantil inédito de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018, grazas ao bo facer da familia da autora e ao atento traballo de Xavier Senín.

 

As cinco castes é un deses textos sensibles dirixidos ós nenos e nenas dende unha intención marcadamente didáctica mais codificados nunha linguaxe morna e dunha aparente sinxeleza que di moito de quen escribe.

Neste libro preséntanse as distintas especies que conviven no noso mundo divididas en castes con cadansúa definición e aderezadas con unhas fermosísimas ilustracións de Lidia Cao que fan do volume un libro moi atractivo á vista e que conxuga perfectamente coa sensibilidade da autora galega.

Imaxes do volume coas ilustracións de Lidia Cao. Fonte: Facebook (@lidiacao.art)

Neste libro tamén hai unha marcada posición "animalista" e unha crítica en esencia simple pero directa da visión mercantil que ten a humanidade cara as outras castes que compoñen a biosfera. Un ser humano que converte as outras castes en subalternas.

Os máis dos amos son antolladizos, caprichosos, mudables, inestables, inconstantes, volubles, aloucados, insensatos, desatinados... Mira ti que perden o cu por un euro, que é unha chapa de metal que nin se come nin serve para xogar... Amais, e isto é o peor, os amos son in eis, pérfidos, desleais, traidores, trampóns, troleiros, mentireiros... Os amos danse, danse moito máis cós paxariños e cós bichos, mais nunca se sabe por canto tempo se dan porque non son de ar. Apesárame moito dicilo, pero é a verdade. (páx. 37)

Urco Editora recupera un texto de María Victoria Moreno nunha edición que amosa o respecto e admiración que hai nesta editora pola autora. Sen dúbida, un libro curto mais intenso que seguro gustará ós máis pequenos da casa.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page