top of page

Recensión: A viñeta de Schrödinger #1


Título: A viñeta de Schrödinger #1

Autores: Kiko da Silva (coord.) e outros

A Mesa pola Normalización lingüística

ISBN: 9788491210160

Nº de páxinas: 232 páxs

 

A BD galega, a lingua e a cultura galega é como o gato de Schrödinger, está aí, estamos seguros de que está, que ten que estar, mais algúns cren que está morta, mentres nós cremos que está máis viva ca nunca. Pasa o mesmo coas revistas, que semellan esquecidas nun momento onde proliferan as novelas gráficas.

A viñeta de Schrödinger nace para dar voz e visibilidade ás bandas deseñadas breves de autores/as galegos/as. Mais tamén para que os/as lectores/as adolescentes e adultos poidan ler e descubir a BD de calidade que se fai en Galiza.

Por todo iso A Mesa pola Normalización Lingüística decidiu lanzar esta revista capitaneada por Kiko da Silva, de periodicidade trimestral, con 32 páxinas a toda cor, encadernada en rústica e con acabado en lombo, a un prezo de 5 euros e unha tiraxe de 1.500 exemplares. O primeiro número chegará ás librarías en xullo!!!

 

​​A banda deseñada galega precisaba dun medio para a publicación de historias curtas como medio de promoción da súa actividade artística lonxe das propias novelas gráficas. A viñeta de Schrödinger nace como un magazine de historias curtas trimestral realizadas por coñecidos autores do xénero e por algúns debutantes tanto no debuxo como no guión.

O problema deste primeiro número é que hai demasiadas historias e iso fai desigual a súa calidade. Temos historias breves de calidade nas que arte gráfica, guión ou ambas por igual destacan entre as demais, mais tamén temos historias que non transmiten nada pese a un interesante guión ou un bo traballo no visual. Coido que unha cantidade menor de historias ou unha selección máis profunda delas dotaría este debut de maior interese.

Sen embargo, considero interesante engadir que hai moito traballo a valorar nesta revista e tamén moitos artistas que precisaban dun espazo como este para dar máis visibilidade ó seu traballo. Especialmente interesantes son as colaboración interartísticas entre algúns guionistas que non forman parte deste mundo e os artistas visuais. Agardemos que a revista teña unha longa vida e que nunca sexa conformista cos seus contidos.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page