top of page

Recensión: Jón R. Hjálmarsson, Mapa de estradas lendario de Islandia


Título: Mapa de estradas lendario de Islandia

Titulo orixinal: Þjóðsögur við Þjóðveginn

Autor: Jón R. Hjálmarsson

Tradutor: Moisés Barcia (dende a versión inglesa)

Editorial: Rinoceronte editora

ISBN: 9788417388157

Nº de páxinas: 224 páxs

 




Sinopse

Entre as riquezas literarias de Islandia hai un legado de mitos e lendas transmitidos a través dos séculos que segue a ter unha presenza viva na imaxinación popular. En Islandia, máis ca en calquera outro país, as historias son inseparables da paisaxe, nacida dunha natureza viva e misteriosa, que non tardou en ser poboada por trasnos, trolls, pantasmas, heroes e magos. Cada recuncho do país inspirou as súas lendas, das que con frecuencia derivan os propios topónimos.

Acompañada por mapas prácticos, esta obra guíanos nunha viaxe por unha illa que conta as lendas dos lugares máis famosos e dos recunchos máis remotos e inexplorados de Islandia.

 

O catálogo de Rinoceronte editora caracterízase pola súa excelente liña editorial con respecto a escolla das traducións, Mapa de estradas lendario de Islandia de Jón R. Hjálmarsson non é unha excepción. Unha obra inédita en moitísimas linguas, entre elas o castelán, que representa unha máis que interesante lectura.

Penso que este libro é dos que se len pouco a pouco, unha obra que busca que o lector viaxe con ela ó ritmo de calquera travesía en automóbil. Hjálmarsson tece un mapa de estradas de Islandia onde o importante non son as propias vías senón os percorridos que trazan e as referencias que se agochan nos camiños. É por iso un libro que permite percorrer un viaxe polas lendas e crenzas populares dos islandeses, descoñecidas pola meirande parte do público.

Esta foi sen dúbida unha lectura moi aproveitable e que seguramente terá unha relectura pola miña parte no futuro. Ideal para todos aqueles que nestas vacacións de semana santa teñan ganas de viaxar sen moverse do sofá.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page