top of page

Recensión: Daniel Asorey, Transmatria


Título: Transmatria Autor: Daniel Asorey Editorial: Xerais

Colección: Poesía ISBN: 9788491214779 Nº de páxinas: 72 páxs

 





Sinopse:

Transmatria é un libro contundente, comprometido, con versos que agroman do corpo e da súa capacidade transformadora. Os seus poemas constrúen unha escrita a favor da dignidade, das identidades sexuais e de xénero, empregando unha lingua que quere renacer, renovarse e ser libre. Este libro de Daniel Asorey Vidal abre un espazo sen muros, pon en valor a sociedade desposuída e bate en nós a través dunha mensaxe íntegra, chea de rebeldía, insumisión, vitalidade e futuro.

 

É complexo abordar o comentario literario dalgúns títulos, en especial cando a súa lectura supón unha carga emocional tan grande como Transmatria. Este poemario é dos que cualificaría como libro "duro", tanto como pola forza con que golpea o lector como polo sólido da argumentación e das perspectivas que ofrece.

Transmatria de Daniel Asorey é un libro da reivindicación das dignidades, un título que presenta as identidades sexuais dende una óptica reivindicativa a través dunha linguaxe poética creada con ese único proceso. Un libro que transita entre a dura realidade da exclusión social por cuestións sexuais e de xénero e a necesidade da poboación de reflexionar sobre o concepto de identidade nunha sociedade submisa.

Os poemas de Daniel Asorey son textos rebeldes, incoformistas e cheos de referencias non so actuais senón cultas. Os poemas son continuos golpes para o lector, voluntariamente incómodos mais tamén necesarios. Uns textos que reflicten a continua violencia exercida contra os colectivos de identidades ou pensamentos non considerados canónicos.

Transmatria non é so un título, senón un concepto en si mesmo. Un concepto que busca ser bandeira na loita contra a indignidade humana. Daniel Asorey crea un libro senlleiro, comprometido, moi iluminador e que non deixa indiferente a calquera que o lea.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page