top of page

Recensión: Eli Ríos, Remexido de patacas


Título: Remexido de patacas Autora: Eli Ríos Editorial: Baía Edicións ISBN: 9788499953083 Nº de páxinas: 84 páxs

 

Sinopse:

A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea.

Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nos transmitiu a historia e que son incompatibles coa vida.

Ingredientes: equidade, empatía, sororidade e disidencia.

Elaboración: abrir as páxinas da novela, ler para divertirse, reflexionar sobre o seu contido e, antes de pechala, procurar que o pouso non esvaeza.

Non é necesario engadirlle prebe ningún. A retranca e o humor xa son excelentes condimentos. Úsaos ao gusto.

Goza da lectura e, se che gusta, comparte esta receita na túa rede social favorita!

 

Cada vez que collo un texto de Eli Ríos é para min unha aventura literaria. É moi complicado saber por onde vai saír cada un dos seus textos. Aposto que ata para a propia autora o proceso creativo tamén é algo así. Remexido de patacas é un deses textos sorprendentes, dos que non podes ter ningunha expectativa previa ata o comezo da súa lectura. De feito, Emma Pedreira no Prólogo desta edición rouboume as palabras exactas coas que describir a obra de Eli Ríos:

<<Hai un mapa de lugares que se poden chamar Luns (Xerais, 2017) ou DX (Urco,2018), mesmo Culpable (Xerais,2017), Marta e a Píntega (Galaxia, 2016) e Bicha (Deputación de Ourense, 2015), entre outras. Dá igual por onde atravesar, cada persoa chega a través da súa intuición á ágora central da autora. Deberíamos chamarlle arañeira, xa que una vez prendidas nas primeiras páxinas non daremos saído nunca. Camiñarémoslle o todo.>> (páx. 9)

Este é un texto no que a autora desenvolve unha historia de violencias, non só físicas senón puramente sociais. A violencia que exercen as figuras masculinas da historia e a sociedade en si sobre as mulleres protagonistas é brutal. Por desgraza, parte de conceptos claramente reais e observables na nosa realidade e aderézaos cunha ficción macabra e un escuro sentido do humor.

Remexido de patacas é unha receita feita con ingredientes sacados da nosa sociedade heteropatriarcal, aderezada con exemplos das sucesivas violencias de xénero e que xenera un produto final que ten moito de violento e sorprendente, mais leva a suficiente cantidade de azucre en forma de humor e unha base suficientemente sólida para facer reflexionar tras a súa lectura.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page