top of page

Recensión: Iolanda Zúñiga, Natura


Título: Natura

Autora: Iolanda Zúñiga

Editorial: Galaxia

Colección: Literaria (379)

ISBN: 9788491512622

Nº de páxinas: 216 páxs

 

Sinopse:

Dúas mulleres, nai e filla, emprenden unha fuxida deixando atrás unha terra devastada, unha civilización destruída, un mundo sen auga e sen futuro. Camiñan na procura da salvación, dese lugar chamado Natura onde se constrúe unha civilización forte, xeneticamente invencible, capaz de desafiar a canta catástrofe teña lugar.

Só unha conseguirá entrar en Natura, nesa obra de enxeñería deseñada para a salvación, e pasará a formar parte das Elixidas. Pero cal é o custo? Alí non hai espazo para a intimidade, nin para os recordos, nin para os sentimentos. Escravas da rutina e das instrucións que veñen de arriba, só as poden acatar. Nese cotián narcotizado penden a fe, a esperanza, a ilusión… Son corpos en branco fronte a ordes de homes de gris. Que acontece se esperta o desexo? Ou a consciencia? Ou se algunha delas infrinxe as normas?

 

Cando Natura chegou as miñas mans non sabía que agardar del. A autora galega é unha destas artistas polifacéticas que traballa varios xéneros con gran habilidade, polo que non é sinxelo ter unha idea previa de que tipo de obra temos diante antes de consumila.

Se tivese que facer unha definición de Natura, supoño que a palabra distopía e muller serían as partes claves do sintagma. Sen embargo, confeso que o uso das dúas palabras sen unha glosa a adecuada serían erros gravísimos na definición. Deixo para outros lectores ese traballo.

Esta novela é unha historia de mulleres nunha sociedade que as utiliza como medios de produción vendéndolles a idea de que o seu papel é salvar a humanidade como "Elixidas" mentres as condicións da súa existencia non se poden definir doutra maneira que tráxicas. A narración é completamente analítica con respecto ó comportamento da humanidade e a autora non ten medo de amosar os excesos dunha maneira voluntariamente incomoda.

Natura é unha historia que pese a que non é lenta nin aburrida pesa de intranscendente pola forza da narración. Esta obra de Iolanda Zúñiga é dunha calidade narrativa inmensa e dunha incomodidade que fai que o lector non repare nos feitos da historia, senón nos sentimentos que eles producen. Como lector tiven a sensación de que o poder da historia reside na expresión da mesma e na reflexión sobre o desexo, a norma, o xénero ou os propios sentimentos. Non por iso deixo de recomendar a súa lectura. Hai moito que debater nela.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page