top of page

Recensión: Patrick Bard, Cerráronseme os ollos


Título: Cerráronseme os ollos

Autor: Patrick Bard

Tradutor: Fernando Moreiras

Editorial: Kalandraka

ISBN: 9788416721320

Nº de páxinas: 160 páxs

 




Sinopse:

Encérrase nas redes sociais, muda a súa vestimenta, o seu pensamento... Maëlle convértese en Ayat para unirse ao Daesh. A impactante historia dunha moza francesa que retorna de Siria.

 

Nunha época onde a xuventude ten acceso a todo tipo de información, mais normalmente non ten a capacidade suficiente como para filtrala adecuadamente, aparecen novos perigos como as seitas de todo tipo ou os grupos terroristas que recrutan a adolescentes aproveitándose dos seus conflitos internos. Patrick Bard aproveitase deste último aspecto para crear unha historia de moito interese para os centros escolares.

A manipulación da mente da rapaza por parte de Daesh é un proceso onde non se amosa o terrorífico das súas actividades. Mäelle convértese en Ayat mediante un proceso onde a rapaza destrúe a súa propia identidade debido os enganos do grupo terrorista e a súa propia necesidade de atopar o seu lugar no mundo.

Cerráronseme os ollos non é unha gran novela no que respecta o aspecto máis literario da mesma. Sen embargo é unha historia de contido pedagóxico importante e que debería consultarse nos centros de ensino para falar dunha gran variedade de temas. Unha historia con moitos personaxes no que as historias individuais de cada un conflúen nunha cadea de erros que xera unha situación límite coa que é imposible non reflexionar.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page