top of page

Recensión: Eli Ríos, O ceo das reixas


Título: O ceo das reixas Autora: Eli Ríos Editorial: Xerais ISBN: 9788491215523 Nº de páxinas: 80 páxs

 

Sinopse:

Noelia está presa no módulo de respecto cando na cela contigua sucede algo grave. Ela, que é cirurxiá, séntese obrigada a intervir. Logo, da dirección da prisión solicítanlle que vixíe e informe sobre a súa nova compañeira de cela, Fina, unha vella que semellaba dócil pero coa que terá que manter un pulso complicado. O ceo das reixas, de Eli Ríos, recrea o ambiente carcerario a partir de protagonistas femininas e fainos descubrir que a liberdade non sempre depende do número de barrotes que teña unha reixa. Esta novela fala da invisibilización, dos silencios, da violencia e da linguaxe que constrúen cadeas imperceptibles arredor das mulleres.

 

Neste blogue é evidente o interese que suscita a obra de Eli Ríos. A autora galega é suxeito dunha literatura completamente crítica, chea de ironía e dun compromiso enorme coa sociedade. O ceo das reixas esta "noveliña" publicada en Xerais é un exemplo claro dos elementos que contén a fórmula literaria da autora.

Neste caso emprego o termo "noveliña" para sinalar a súas dimensións, unhas apenas 80 páxinas que se consumen rapidamente cun café, mais iso non implica que o valor do texto sexa pequeno. Se teño que definir este título faríao como unha novela psicolóxica, repleta dos fantasmas que habitan na nosa sociedade, e que reflexiona sobre o concepto de liberdade e violencia. Un texto de lectura sinxela mais cunha atmosfera escura e incomoda que fan del unha historia recomendable.

Semella que a autora elimina a propia literatura do texto suprimindo os elementos máis esenciais dunha fábula ou relatando os feitos dunha maneira pouco narrativa, mais a realidade é que Eli Ríos tece un cárcere metaliterario onde todo o que se di ten un valor especial tras reflexionar sobre o lido.

En resumo, O ceo das reixas é unha novela breve máis dun interese enorme para calquera lector. Recomendo moito a súa lectura a todo aquel que precise dun libro evocador e profundamente comprometido cos problemas da nosa sociedade.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page