top of page

Recensión: Amador Castro Moure, Shanghai a Barcelona


Título: Shanghai a Barcelona

Autor: Amador Castro Moure

Editorial: Xerais

ISBN: 9788491215943

Nº de páxinas: 200 páxs.

Premio Xerais de Novela, 2019

 

Sinopse:

Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso.

"Shanghai a Barcelona" é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico. O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas.

"Shanghai a Barcelona" é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.

 

Amador Castro recibiu o Premio Xerais de Novela en 2019 por Shanghai a Barcelona, unha novela simbólica, irónica, intelixente e dunha densidade evidente que fai da súa lectura un proceso lento, mais que en xeral deixa como conclusión un bo sabor de boca para o lector.

A sensación de dinamismo na lectura desta novela é unha constante xa que o lector desplazase constantemente en tempo e espazo pola vida de Orlando. Unha experiencia vital marcada pola emigración á Barcelona e a idealización da vida anterior na aldea en Galicia. Este aspecto fai da novela unha continua contraposición de elementos, reforzados polo simbolismo dos Haikus, que xera unha sensación de angustia e desarraigamento que está presente en todo o texto.

A densidade da novela crece tanto que é dificil ler os últimos capítulos axilmente, é necesaria unha lectura tranquila e concentrada para comprender a resolución dos feitos e o comportamento de cada personaxe. Por este motivo considero que esta novela é consecuente coa súa idea durante todas as súas páxinas porque o nivel de densidade do texto aumenta ó mesmo ritmo que afonda na psique dos personaxes e nos sentimentos que se extraen dos seus actos.

En resumo, Shanghai a Barcelona é unha historia cunha carga literaria bastante evidente, que reflexiona profundamente nas pantasmas da nosa sociedade mediante bos diálogos e unha prosa densa, mais de moita calidade.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page