top of page

Recensión: Ledicia Costas, Conexión Macarrón


Título: Conexión Macarrón

Autora: Ledicia Costas

Ilustradora: Laura Suárez

Editorial: Xerais

Colección: Merlín

ISBN: 9788491215882

Nº de páxinas: 40 páxs

 



Sinopse:

A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar.Todo nel lles pareceu sospeitoso: o sombreiro dáballe voltas sobre a cabeza, os seus ollos brillaban cunha potente luz branca, e nalgún momento confesou que tiña antenas. Estaba claro que non era un «Expósito», era un extraterrestre! Que ían facer agora que coñeceran un extraterrestre de verdade?

 

Conexión Macarrón é un destes títulos que sorprenden pola gran cantidade de contido que hai neles en apenas unhas poucas páxinas. Todos os nenos e nenas soñan coa oportunidade de coñecer o mundo a través de feitos inverosímiles e fantásticos, mais non agardan que eses feitos teñan o seu xerme na realidade.

Sen dúbida ese é o elemento máis importante desta historia. A autora crea un mundo de posibilidades a partir da premisa de que todo o mundo ten dereito a vivir a súa propia aventura e que esta atópase no propio día a día. É o noso traballo atopar nesa realidade que se estraña a si mesma, esa aventura inesquecible e que non entende de idades. O estraño non ten que ser sempre perigoso e "Expósito" é un exemplo claro.

« A vida tamén é iso: soñar e quererse moito. Ata as estrelas. »

Aderezada cunhas fantásticas ilustracións de Laura Suárez coido que este libro será un éxito entre a rapazada. So Ledicia Costas é quen de condensar en 40 páxinas unha historia que integra tantas sensacións.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page