Alba Mato: "Considero que a literatura é un método moi imporante na educación xa que un conto p
Alba Mato Souto (A Coruña, 2000). Formouse en Carballo e actualmente estuda Educación Infantil na Coruña. Sempre tivo interese polas letras, polo que era habitual que participase no concurso escolar de teatro lido "Xosé Manuel Eirís". Adeus chupete! (Medulia, 2019) é o seu primeiro libro publicado.
Texto e fotografías: cedidos pola autora
- Para quen aínda non a coñeza. Quen é Alba Mato como autora?
Alba Mato é unha estudante de Educación Infantil de 19 anos que escribe contos no seu tempo de lecer.
- Este é o seu debut na literatura. Cales son as súas sensacións?
A verdade é que non podo estar máis contenta. Nunca imaxinara que existise a oportunidade de publicar un dos meus contos, nin que me recoñecesen pola rúa por ser autora dun libro.
- Cal é o xerme do texto do libro Adeus chupete! (Medulia, 2019)?
Todo comezou unha tarde na que tiña que crear unha historia para un traballo de clase. É un conto que trata sobre un neno que ten dependencia do su chupete pero ao longo da historia ocurrenlle diversos sucesos ata que se da de conta de que non o necesita.
- Teño entendido que hai unha interesante anécdota con respecto a súa publicación…
Un día ía nun dos buses da liña 12 de A Coruña, sentada con unha compañeira á que lle ensinaba o meu conto. De súpeto un señor acercouse e preguntoume se podía ensinarllo xa que él tamén tiña interese nel. Antes de que chegase a niña parada devolveume o conto e diume o seu número de teléfono e díxome que lle interesaba que o chamase para poder publicar o meu conto; posteriormente eu informeime de quen era esa persoa e resultou ser o escritor e editor Xulio López Valcárcel da editorial Medulia.
Púxenme en contacto con él e tras algúns cambios editaron e publicaron o libro que eu mesma escribin e ilustrei. Todo o proceso foi coma nun soño!
- Por qué facer unha edición bilingüe do texto?
Decidín facelo en edición bilingüe para que poida lelo todo o mundo, para que os nenos practiquen ambas linguas, para que poidan elixir en que lingua o queren ler cada día e porque o orixinal era en castelán pero parecíame moi importante que estivese en galego tamén.
- Como definiría o seu proceso creativo?
O meu proceso para poder crear unha historia é primeiro informándome do tema que quero tratar, despois anotando ideas que se me ocorran e por último comezar a crear a historia introducindo polo medio esas ideas que tiven ao principio.
- Considera que a literatura debe ser empregada como método didáctico máis importante na educación?
Considero que a literatura é un método moi imporante na educación xa que un conto pode permitirlle a un/a educador/a ou profesor/a tratar diversos temas, mais en troques de dar información ó chou, co conto introduces o neno na historia e falo partícipe. Un neno para aprender algo ten que sentirse identificado e cos contos é moi fácil que se identifique co protagonista e poida entender o tema a tratar fácilmente.
- Para rematar. Como valora a experiencia de ter publicado un texto? Ten algún novo proxecto en marcha?
Para min esta experiencia foi marabillosa e repetiría infinitas veces xa que faite sentir moi ben e valorada. Si que teño un novo proxecto en marcha, mais aínda tardará un tempo xa que quero ir con calma.