Recensión: Lucía Novas, Cervatos
Título: Cervatos
Autora: Lucía Novas
Editorial: Kalandraka
Ilustradora da capa: Carmen Hermo
ISBN: 9788416721153
Nº de páxinas: 96 páxs
Sinopse:
Un mundo urbano, nocturno e inhóspito -mais arraigado na aldea- agroma nestes versos cheos de músicas e imaxes, próximos á estética do videoclip e con influencias da cultura kitsch. Beleza efémera, poética híbrida.
Teño que recoñecer que non lera nunca a Lucía Novas ata que tiven Cervatos entre as mans. A colección de poesía de Kalandraka, Tambo, crece de maneira exponencial con este título aínda que xa publicase poemarios de autores como Martín Veiga ou Xavier Seoane.
Cervatos é un poemario no que a autora explora os límites da linguaxe poética e que basease nunha lírica conceptual e minimalista. Textos breves cheos de imaxes intensas que constitúen por si mesmas un imaxinario propio e que, sen embargo, son tan próximas ó lector que o complexo é non identificarnos con elas.
Os elementos combínase nun xogo constante de inestabilidade, de presencia e ausencia, no que se evoca ó puramente sensitivo e, a súa vez, explorando os límites do artístico. Proba disto son as continúas enumeracións de elementos e outras técnicas como o “collage”. Sensación que vinculamos coas propias lembranzas, vistas neste poemario como fragmentos de sensacións e que se distribúen polo poemario en función das necesidades artísticas e non especificamente comunicativas.
En resumo, tras a lectura de Cervatos tiven claro que esta era un proposta poética rica e distinta e que, precisamente por iso, é de necesaria lectura.