top of page

Recensión: Rocío Leira, Trescatorcedezaseis



Título: Trescatorcedezaseis

Autora: Rocío Leira

Editorial: Xerais

Colección: Fóra de Xogo

ISBN: 9788491216247

Nº de páxinas: 144 páxs



Finalista do XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil


 

Sinopse:


«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor. Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas. Comeza o xogo!

 

Persoalmente non son afeccionado ás matemáticas nin ós xogos de lóxica, pero creo que a aplicación deste tipo de enigmas a unha historia fan dela unha aventura a ter en conta. Se aplicamos isto a unha historia de asasinatos en serie, calquera lector ten a sensación de que describo unha novela de Dan Brown. Isto é polo menos o que un pode imaxinar cando le a sinopse do libro de Rocío Leira e o resultado convence, pero a medias.


A trama desta historia é verdadeiramente interesante e reflicte tamén un demorado proceso de documentación co que tecer unha historia amena pese ó contido teórico que hai nela. Esta obra, debido a súa estrutura e ó ritmo da historia, lese en moi pouco tempo e iso tamén suponse atractivo para o público xuvenil. Os capítulos son moi curtos e din moito, de feito semellan pílulas de feitos concentrados, e a linguaxe é sinxela, mais non por iso descoidada.


Na parte negativa teño que sinalar que nesta novela non existe un crecemento e desenvolvemento dos personaxes. O lector ten a sensación de que non coñece ós asasinados e dos personaxes principais ten apenas unha listaxe de motivacións e anécdotas persoais. Precisamente por iso non é nada doado empatizar con eles. Nos espazos pécase do mesmo esquematismo, pero considero este aspecto máis intranscendente polo tipo de historia que se conta.


A de Rocío Leira non é unha mala historia, mais fáltalle profundidade para ser unha boa novela. Isto é unha verdadeira mágoa porque os ingredientes para ter unha mellor novela están aí.

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page