top of page

Arantxa Treus: "A arte dramática é unha maneira de vivir, a terapia necesaria para non tolear&q



Chámome Arantxa Treus e son de Vigo "y no lo niejo". Como arte dramático quedaba en Madrid e os meus país non querían que marchara e eu non quería estudiar outra carreira. Metéronme en Secretariado (sí, foi o meu primero traballiño de persoa normal...) cando levaba anos fixa nunha Empresa mirei un casting no Faro de Vigo para "Rías Baixas", e me colleron. O Universo estaba traballando para mín. Deixeino todo e mentres curraba na serie retomei os meus estudos teatrais ( A Artística, Vigo. Arte 4 Madrid) a día de hoxe sígome a formar e sigo creando nesta maravillosa carreira de fondo. Por certo, o papel do casting en "Rías Baixas" era de secretaria.... (todo suma, todo serve!).










Texto: Biografía (cedido pola autora)

Fotografía: cedida pola autora.

 

- Comezamos por unha idea forte. Que é para vostede a arte dramática?


Unha maneira de vivir, a terapia necesaria para non tolear e algo que debería de nos acompañar desde ben cativos.


- Cando decidiu que o seu traballo sería o de actriz? Tivoo claro dende nena?


Eu como Concha Velasco sempre tiven claro que quería ser actriz, costoulle mais aos meus pais (daquela tiñas que marchar a Madrid a estudar e eles negáronse. Hoxe son un gran apoio) pero como digo eu, a “tocahuevos” non me gaña ninguén e aquí estou.


- Por suposto non podo evitar preguntar por Fariña. A serie foi un éxito e foi unha oportunidade enorme para que o resto do país coñecese ós nosos grandes actores e actrices. Como valora a súa participación nela e o propio proxecto?


Eu nunca traballara nunha serie nacional e foi maravilloso. Ainda que apenas aparezo, podo dicir ben alto que currei nunha serie que fixo historia e que deu a coñecer o talento de moitos compañeiros.


- Na TVG tamén tivemos a oportunidade de vela en Serramoura, unha das producións máis exitosas de televisión en Galicia. Que pode dicirnos da personaxe de Maca?


Poder crear unha personaxe como Maca foi un agasallo, facela miña e ver o seu arco emocional foi moi chulo. Ademais ter un xefe como o gran Mourelos o unha inimiga como Melania Cruz foi unha aprendizaxe brutal.


- No Certame de Micro-escenas Metro Cadrado recibiu o Premio á Mellor Interpretación por Sorpresa de Enconarte Producións. Como valora este premio e o traballo no certame?


O certame está feito por profesionais que aman a profesión (Tone Martínez e Alba Bermúdez) e iso nótase e agradécese un mundo. O premio dame folgos para seguir creando e loitando nesta carreira de fondo tan dura e bonitiña a vez.


- Actualmente segue traballando con Enconarte Producións na peza Monstruación, unha peza coa que fai xira polo país e con boa aceptación por parte do público. Que pode dicirnos desta peza?


Sempre dicimos que Monstruación deberían vela ata nos Institutos. Enconarte ten algo sempre nas súas pezas que é a verdade. Sempre dende a risa e o respeto, falamos sen pelos na lingua de temas universais de mulleres (quen mellor que tres mulleres para falar dos nosos temas) e é moi chulo o ben que conectamos co noso público (homes e mulleres).


- Vostede é unha gran lectora e de cando en vez comenta os libros que lee o que lle gustaron nas súas redes sociais. Que lecturas recomendaría para esta época de corentena?

Recomendo a lectura sempre, eu era das que non era capaz de deixar un libro se non me gustaba pero agora son quen de deixalo e pasar a outro. Dos que me namoraron ultimamente son Deixe a súa mensaxe despois da sinal da gran Arantza Portabales, Medio sol amarillo de Ngozi Adichie, La vegetariana de Han Kang, Instrumental de James Rhodes, e de cando en vez releo La casa de los espíritus de Isabel Allende.


- Para rematar. Ten algún proxecto en marcha ou finalizado do que poida adiantar algo?


Estou comezando no mundo dos monólogos cómicos e gústame esta nova faceta. Hai algún proxecto por pechar do que de momento non se pode falar e seguir xirando con “Sorpresa” e “Monstruación”.

Etiquetas:

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page