top of page

Teatro na casa: "Guerra de identidade", de Déborah Vukušić (Balea Cultural, 22/05/2020)

Nos últimos días moitos pregúntanse na casa, comestos pola ansiedade, quen son e que fan da súa vida. De feito, moita xente sinalou ó longo desta corentena que esta situación axudoulle a sentarse e ter unha conversa necesaria consigo mesma. Non pretendo con isto romantizar un dos feitos máis tráxicos da nosa historia recente, mais considero que é certo que ter unha vez esa conversa na vida é imprescindible para realizarse.


A interpretación precisa de interiorizar o diálogo cun mesmo para transmitir verdade e intensidade. O teatro é, entre outras cousas por isto, case inseparable da vida. Por iso non debe desaparecer. Arthur Miller sinalaba que “O teatro non pode desaparecer porque é a único arte onde a humanidade confróntase consigo mesma”. Precisamente por isto, traio unha proposta onde esta máxima exprésase claramente: Guerra de Identidade, de Déborah Vukušić.


O espectáculo Guerra de Identidade de Déborah Vukušić xorde do seu poemario “Guerra de Identidad” publicado nun primeiro momento por Baile del Sol e que recentemente reeditouse en Delirio editorial. Dirixido por Avelino González, este espectáculo resulta un exercicio de introspección tan intenso que é imposible separar o vital do teatral.



Nun escenario completamente baleiro, a excepción duns elementos anecdóticos, Déborah Vukušić desdóbrase en diversas identidades que conforma finalmente un eu poliédrico e complexo onde interveñen tamén outras voces e feitos alleos, todos representados pola actriz. Non é necesario todo un aparato escénico nin moitos actores en escena para transmitir verdade.


A infancia é o punto de partida da vida é tamén o momento inicial do proceso de constitución do eu. A ausencia do pai e os seus conflitos atrapan a unha nena nun conflito que non entende e que descoñece a estabilidade familiar. Unha nena que é “dúas metades,” que “perdeu a inocencia” e que carece da axuda necesaria para xuntalas, feito que afecta a súa adolescencia e que tamén o fai no futuro. O final da peza é a exemplificación perfecta do final dun proceso de introspección: desesperación, explosión, calma e “festa“.


O vermello e o branco son as cores da bandeira croata, mais tamén as cores do sangue e da inocencia. Da violencia e da pureza. Da Guerra e da Paz. A dualidade e a proporcionalidade son, por tanto, unha constante no espectáculo e o xesto e o movementos as armas máis efectiva da intérprete para construír as distintas realidades. Engadimos a isto a presencia dun humor propio do impulso, da sensación voluntaria do diálogo co público, da (con)vivencia e non do papel.


En resumo, Guerra de Identidade é un proceso de (de)construción do eu. O resultado dun proceso de auto-análise feito público e materia teatral. Un espectáculo no que Déborah Vukušić non so se ispe completamente no escenario senón que transmite o potencial artístico da súa poesía e o seu traballo actoral. Un espectáculo que non acepta a indiferenza.



(Este artigo publicouse na revista cultural Balea Cultural o 22 de Maio de 2020)


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page