top of page

Recensión: Antonio Piñeiro, Celada



Título: Celada

Autor: Antonio Piñeiro

Editorial: Xerais

Colección: Narrativa

ISBN: 9788491216643

Nº de páxinas: 104 páxs







 

Sinopse:


Santiago de Compostela, anos setenta. Ferven as revoltas universitarias. Está a piques de rematar unha das redadas policiais contra a concentración de estudantes que tenta escapulirse nos calellos da parte vella. As portas do centro histórico están bloqueadas e o cerco preparado. Un grupo de estudantes asiste ao desenlace desde a mesa do seu bar, fronte á Porta da Mámoa. Alaín, o inspector que todos eles coñecen, xorde entre os furgóns magoado e iracundo. Algo sucedeu nas horas previas. Vellos asuntos e contas pendentes volven aflorar nesta atmosfera de revolta e incerteza, mentres o país se decanta por un novo tempo. Pouco imaxina o inspector o que vai atopar detrás da investigación que está a facer sobre un dos grupos insurxentes que operan na cidade, nun emocionante final da novela.


VII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira

 

En Maio de 2019, Antonio Piñeiro recibía o VI Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira por Celada (Xerais,2020). Unha novela curta da que o xurado salientaba que «É unha colección de batallas que, dada a súa transcendencia, deben quedar para a historia, unha obra que convén reler». Recoñezo que esta é a primeira obra deste autor que cae nas miñas mans, pese a que recibiu premios tan importantes nas nosas letras como o García Barros ou o Torrente Ballester.


Celada é una obra moi especial e complexa de definir. O lector ten a sensación de que se atopa atrapado nunha tormenta de area no medio do deserto. Moitas veces o texto consigue atrapar o lector nunha espiral de sensacións e movementos que fai que sexa precisa a relectura dalgúns fragmentos. Semella que o texto é froito do impulso, non confundir con escritura automática, reforzado polo emprego de enunciados moi curtos onde os aromas, os movementos, os sentimentos e as reaccións teñen moito máis protagonismo que a propia historia.


Sorprendentemente, Antonio Piñeira consigue con este texto tan aparentemente caótico o seu principal obxectivo: transmitir a sensación dunha persecución, da desesperación, das conviccións e o espírito da época e das propias revoltas universitarias. O lector non ten escapatoria posible e ten que ceder ante a forza do texto.


Unha novela que podería ser un desastre total, aliméntase da propia (in)estabilidade e orixina un texto final cun estilo nada convencional e que é esixente cos lectores. Novelas como estas sempre son problemáticas de cara ó gran público mais coido que aquel que se achegue a este texto non o lamentará.


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page