top of page

Recensión: Arantza Portabales, A vida secreta de Úrsula Bas


Título: A vida secreta de Úrsula Bas

Autora: Arantza Portabales

Editorial: Galaxia

ISBN: 9788491516231

Nº de páxinas: 452 páxs

 




Sinopse:

Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo,desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Barroso, ascendida a subinspectora, volven formar equipo. Logo do suceso obtido con Beleza vermella, Arantza Portabales pon outra vez en liza a problemática e inestable parella de policías. Amor e eficacia, intelixencia e desconfianza, paixón e violencia. Cunha trama de ritmo e acción fulgurantes, A vida secreta de Úrsula Bas penetra, camada a camada, sen dó e cunha potencia narrativa engaioladora, na dobre vida dunha muller que se deixa arrastrar pola forza subxugante do descoñecido, pola atracción e misterio dun ser verdadeiramente perverso.

 

O éxito de Beleza vermella fixo que o nome de Arantza Portabales e os seus personaxes Abad e Barroso protagonizasen un novo caso policial en Compostela. E se xa o primeiro caso converteuse nun superventas, con máis motivo coido que o será esta segunda historia.


A vida secreta de Úrsula Bas é unha novela cunha trama engaiolante e un ritmo eléctrico, moi axeitado para este tipo de obras e que fai que a obra dure pouco nas mans do lector. Especialmente polo moito que se afonda na psique dos personaxes nesta obra. De feito, para min esta é unha novela de personaxes perfectamente conformados, estruturados e onde as nocións e pensamentos de cada un están moi ben presentados


Seguindo pola rama da psicoloxía, unha das cousas que máis interesantes me pareceron do libro é o papel tan importante da saúde mental na trama. A saúde mental non aparece como tabú e mesmo reflexiónase sobre ela por medio dos personaxes e dos feitos que ocorren na trama. Aparece en termos de doenza mais tamén baixo termos como culpabilidade, desequilibrio e problema. Coido que isto enriquece moitísimo a trama e fai dela unha novela psicolóxica, pese a que siga claramente a poética do bestseller.


O único aspecto que non me agradou moito da obra foi a súa disposición sobre o papel. Estruturar a novela en 95 capítulos paréceme un pouco esaxerado. Na miña opinión ben poderíanse modificar a extensión dalgúns capítulos ou encadear varios baixo un mesmo lema. Especialmente en aqueles nos que aparecen títulos duplicados ou nos que os títulos non aportan especialmente á trama. No que respecta a estrutura a nivel literario, coido que o libro constrúese de maneira sobresaínte e que todos os feitos cóntanse no momento necesario.


En resumo, gústame que se presente unha parella de policías tan inestable como brillante na nosa literatura, agardo que teñamos máis entregas das súas aventuras.


Comments


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page