Recensión: Charo Lopes, Álbum
Título: Álbum
Autora: Charo Lopes
Editorial: Aira Editorial
ISBN: 9788412132441
Nº de páxinas: 72 páxs
PREMIO CIDADE DE OURENSE DE POESÍA 2019
Sinopse:
Que comunica unha fotografía? Que nos evoca unha imaxe instantánea dun intre que xa pasou? Charo Lopes constrúe en Álbum algo máis ca unha colección de momentos mediante a linguaxe da poesía. Esta obra é tamén unha ollada crítica ao tempo de hoxe, ás contradicións dun sistema sustentado na violencia estrutural e moitas veces desapercibida. Un alento literario que viaxa de dentro cara a fóra para sacudir a nosa forma de ollar e lembrar.
Suxestiva lectura este Álbum (Aira, 2019), a primeira obra poética de Charo Lopes que cae nas miñas mans e que amosa un interese polo poder evocativo da propia realidade que fai da lectura destes textos un exercicio sensible e detallista.
Álbum non é, a priori, orixinal en cuanto a súa forma, é dicir, ante nós temos un libro de poemas onde as fotografías e os poemas combínanse e mesmo complétanse entorno a unha gran variedade de temáticas distintas e á ollada crítica que deita a autora sobre a súa realidade. Sen embargo, a propia autora deixa constancia no texto que para ela a distancia entre as artes non é tan grande como se pode imaxinar e emprega os termos "foto" e "poema" en función das súas necesidades e non do rigor académico.
foto 3: atitude
a postura com que o cego
se aproxima à paisagem
a postura com que a surda
se achega à música
a postura com que a parapléxica
enfrenta a fugida.
Quizá neste aspecto está o poder suxestivo deste poemario. Álbum non é so unha colección de instantáneas, senón é unha obra na que autora dialoga cos momentos ou os desvirtúa, e unha obra na que non coñecemos moitas veces cal é o elemento primixenio ou se podemos falar de arte(s) ou non.
poema 14
rompem-se os olhos um pouco
ao ver a pergunta
antes que todas as cores
com que prosódia a imagem fala por si?
não lhe sabemos o idioma
a este povo
será o mundo um lugar
ainda menos ordenado?
é a ordem do meu óculo
uma figuraçao violenta
a nossa é a língua da guerra (...) A forza que desprenden moitas das composicións é tan puxante como as formas de violencia que se critican nos propios textos, é dicir, a violencia sobre aqueles considerados "inferiores", a opresión sobre aqueles colectivos non normativos, e a violencia que xorde das regras obsoletas do poder. Discurso este tan comprometido como valente e suxestivo. Coido que iso é o que demanda a poesía da nosa xeración e do que este Álbum é un bo exemplo.
Commentaires