top of page

Recensión: David Walliams, O rapaz do vestido


Título: O rapaz do vestido

Título orixinal: The Boy in the Dress

Autor: David Walliams

Traductor: Moisés Barcia

Editorial: Sushi Books

ISBN: 9788416884094

Nº de páxinas: 160 páxs

 




Sinopse:


Dennis vive nunha casa aburrida, nunha rúa aburrida, nunha cidade aburrida, e non ten grandes aspiracións. Pero o que si ten son soños, e cando comeza a seguilos, as cousas non volverán ser iguais.


Con ilustracións de Quentin Blake.

 

Fai pouco a miña prima pequena díxome que non atopaba ningún libro para a súa idade que lle convencese. A dicir verdade tan pouco é unha grande lectora, polo que necesita libros que a convenzan de que ler é unha actividade lúdica, non un acto elitista de rebeldía, como algúns rapaces da súa idade parecen pensar. Precisamente por iso recomendeille A avoa gánster de David Walliams, obra que xa recomendei tanto no meu blogue como nas recomendacións para ler no confinamento de Galicia Confidencial. A verdade é que a recomendación foi un éxito, polo que decidín ler outro título do autor antes de recomendarllo, cousa que tras a sua lectura sen dúbida tamén farei.


O rapaz do vestido é un libro tan divertido como útil a nivel didáctico. Nel fálase de sentimentos, de igualdade e da diferenza, da masculinidade tóxica e da liberdade de eleccións dunha forma divertida e aditiva. O texto de David Walliams é unha historia xuvenil excelente, cuns personaxes ben construídos e que convida a reflexión sen esquecer entreter.


Na casa de Dennis falar de fútbol era máis doado que falar dos sentimientos. (...) Dennis botaba de menos os abrazos (...) A maior parte dos nenos devece por medrar e facerse maior, pero Dennis sentía nostalxia de cando era pequeno (...) Era unha mágoa que o pai de Dennis apenas o abrazase. As persoas gordas son moi boas dando abrazos, porque son suaves e brandas, coma un sofá grande e cómodo.


- Quedaríache xenial! - exclamou Lisa. Soltou unha gargallada e achegoulle o vestido a Dennis.

El tamén riu e logo contemplou o vestido, permitíndose imaxinar por un momento como lle sentaría, aínda que axiña se dixo que deixase de pensar parvadas.

- É realmente precioso- dixo-. Pero non é xusto, non cres? Refírome a que a roupa de home é aburridísima.

- Eu creo que son aburridas todas esas regras sobre o que pode vestir ou non a xente. Todo o mundo debería poder vestir o que queira.

- Si, supoño que si - dixo Dennis.

Ninguén o animara nunca a pensar así. Lisa tiña razón.

Que problema habia en vestir o que a un lle gusta?


Foi un verdadeiro pracer voltar a ler unha historia deste autor que, grazas as fantásticas ilustracións de Quentin Blake, fai que teñamos a sensación de que lemos as historias de Roald Dahl. Coido que calquera que lea unha das súas historias, da igual a súa idade, terá unha experiencia igual de entusiasta e divertida cas que tivese na súa infancia co autor danés. Coido que nestes tempos que vivimos, non se lle pode pedir máis a unha lectura.


Comments


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page