top of page

Recensión: Joseph Roth, A lenda do santo bebedor


Título: A lenda do santo bebedor

Título orixinal: Die Legende vom heiligen Trinker

Autor: Joseph Roth

Tradutor: Laureano Araujo

Editorial: Kalandraka

ISBN: 9788416721962

Nº de páxinas: 88 páxs

 


Sinopse:


Publicada por primeira vez en 1939, meses despois da morte en París de Joseph Roth, onde vivía exiliado, «A lenda do santo bebedor» está considerada o testamento literario de quen foi un dos narradores centroeuropeos máis admirados do século XX. André Kartak, é un clochard orixinario -como Roth- das provincias orientais do Imperio austrohúngaro. Unha noite atopa, baixo as pontes do Sena, un enigmático home traxeado que lle ofrece douscentos francos coa única condición de que no futuro llos entregue en doazón ao cura dunha capela. Dende entón a súa vida será un continuo achegarse e perderse no camiño -entre vellos amigos, antigas amantes e borracheiras- para cumprir o seu imposible compromiso.

 

Aínda non tivera ocasión de ler a Joseph Roth e tiña moitas ganas de coñecer a súa obra. Autor de interesante biografía e dunha basta obra tivo moitos problemas co alcohol, polo que non sorprende que as adicións sexan motivo dalgunha das súas obras. A lenda do santo bebedor é un bo exemplo de como esas adicións e a sociedade poden construír un texto dun enorme valor literario.


As súas apenas cen páxinas deixan moi claro o talento para a narración que ten aquel ca escribe. Esta historia é unha sorte de fábula moderna, sen ningún tipo de auto-censura e situada nos marxes entre a parodia e a crítica social. O protagonista é un marxinado pola sociedade tanto polas súas decisións como polas súas adicións e na súa aparente sorte está a súa maldición. A súa relación co alcohol permite que viva no seu propio mundo, nunha sensación de evasión perpetua que está en toda a obra. Non hai penas nin gloria na súa vida e todos aqueles que participan das súas aventuras son efémeros e insubstanciais.


O diñeiro, o alcohol e as crenzas místicas combínanse dunha maneira tan orixinal como cómica nos distintos momentos da obra. As relacións entre estes tres elementos constrúen unha estrutura cíclica en toda a obra ata que se esta se reconfigura co seu final. O sorprendente disto é que aínda que sabemos cal é a orde de cada un dos acontecementos e podemos agardar o seu resultado, a ruta elixida polo narrador consegue interesarnos aínda máis nos feitos.


En resumo, A lenda do santo bebedor é un brevísimo texto dunha calidade literaria indiscutible. Un conto adulto que ofrece moitos niveis de lectura e é desfrutable en todos eles.

Comentarios


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page