top of page

Recensión: Lorena Conde, As mil vidas de Dorotea.


Título: As mil vidas de Dorotea

Autora: Lorena Conde

Ilustracións: María Brenn

Editorial: Cuarto de inverno

ISBN: 9788412160468

Nº de páxinas: 103 páxs

 






Sinopse:


Nenas e nenos! Señoras e señores!

Permanezan en silencio e apaguen os seus teléfonos.

Nuns intres, dará comezo a peza teatral “As mil vidas de Dorotea”.

Prometemos que durante os tres actos que forman esta obra, pasarán por un feixe de estados de ánimo e,

ao mesmo tempo, coñecerán a historia de Dorotea Bárcena, a mestra, actriz, dramaturga e muller brava,

que traballou moito e moi duro por facer o que máis quería: teatro.

Pasen e lean!

 

Coido que non hai discusión, polo menos non debería existir, no tocante a cuestión de que os nenos e nenas galegos precisan referentes dentro da literatura e, especialmente, personaxes femininos fortes, realistas e interesantes, sexan de ficción ou históricos, nos que poidan ver representados os seus soños, conflitos e pensamentos. Penso que así tamén o entenden en Cuarto de inverno tras ler a súa nova publicación.


As mil vidas de Dorotea é unha proposta dramática que trata a figura de Dorotea Bárcena e preséntase como unha peza "autobiográfica" onde a propia Dorotea e os seus personaxes preséntannos moitas das etapas da súa vida e obra.


DOROTEA: A min o teatro deume moitas máis das tres vidas que tiven, sandoume feridas graves da alma moitas veces e tamén me deu amor.


As experiencias de Dorotea son principalmente fabulacións da autora deste libro, mais moitas teñen referentes reais a comentarios que a propia artista realizou en entrevistas ou publicacións propias. Grazas a estas fabulacións temos pensamentos que seguramente concorden totalmente con moitos dos pensamentos de Dorotea Bárcena, especialmente aqueles con respecto da lingua, o feminismo ou que non existe un futuro do teatro sen ter en conta os aspectos anteriores.


“Os papeis que daquela se escribían para as mulleres eran tan aburridos que os podía facer unha cadeira cun abrigo pendurado dela. Ademais, xa só o feito de decatarme diso, foi un grande paso na miña idea do que as mulleres debiamos acadar no teatro e na vida, púxome no camiño do feminismo e fíxome investir, anos máis tarde, todo o meu empeño de dramaturga en escribir papeis interesantes para mulleres de todas as idades e con todos os corpos”.


Aínda que é evidente As mil vidas de Dorotea nace dende unha perspectiva divulgadora, tamén o é que o texto é moi divertido. Os diálogos entre os personaxes fan moitísimo máis dinámico o contido da obra e a construción dos espazos é simple, mais moi ben pensada para posibles representacións nas aulas.


Sen dúbida, unha boa lectura que fainos un pouco máis consciente da necesidade de construír referentes e de dar máis visibilidade a figuras como a de Dorotea Bárcena, moitas veces menosprezada e pouco estudada, e que merecen o lugar propio no canon que o patriarcado, aínda agora, négalles.

Коментарі


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page