top of page

Recensión: Pilar Ortega Pereiro, O segredo de Al´eume


Título: O segredo de Al´eume

Autora: Pilar Ortega Pereiro

Editorial: Cuarto de inverno

ISBN: 9878412458602·

Nº de páxinas: 198 páxs

 









Sinopse:


Despois do accidente en bibicleta da súa irmá Teba, nunha visita ao mosteiro de Caaveiro, Xiana ve como os seus problemas van en aumento e conseguir os cartos para a carísima operación da nena convértese no obxectivo familiar. Presionada polo segredo que agocha en relación co accidente, embárcase, xunto coa súa amiga Lúa, na procura dun suposto tesouro, tras o que andan tamén o seu tío, uns investigadores da Universidade de Oxford e un compañeiro de instituto. Quen conseguirá dar co tesouro de Al'eume?

 

É necesario comezar este comentario sinalando que o Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil goza dunha estupenda saúde. Dende a primeira edición deste certame na que Antonio M. Fraga recibiu o galardón polo seu imprescindible O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (Urco, 2018), sucedéronse varios títulos que poderían incluírse en calquera lista dos mellores libros de LIX publicados en Galicia nestes últimos anos. O segredo de Al´eume é, sen dúbida, parte dese corpus.


Esta é unha novela de aventuras con moitas intrigas que se producen paralelamente e con moitos xiros narrativos. Isto permite a autora falar de moitísimos temas e presentar unha diversidade de problemáticas bastante variadas sen renunciar a empregar unha linguaxe adaptada a realidade dos seus lectores. É por iso que a lectura resulta moi intrigante e aditiva para a rapazada.


Na parte negativa é preciso sinalar que algunhas das tramas teñen un final un pouco abrupto ou precisaban dunhas páxinas máis ou dun traballo aínda máis exhaustivo. Isto prodúcese pola cantidade de feitos que teñen lugar nas súas poucas páxinas e a gran cantidade de espazos onde a acción ten lugar. Sen embargo, o resultado final é moi positivo e o epílogo que acompaña a historia corrixe algunha das imperfeccións da obra.


En resumo, O segredo de Al´eume é un libro de aventuras, deses que lembran as novelas de Enid Blyton. Unha historia entretida con moita intriga e con personaxes inesquecibles. Coido que non se pode pedir moito máis.

Comments


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page