top of page

Recensión: Érica Esmoris, Patio de luces


Título: Patio de luces

Autora: Érica Esmoris

Editorial: Xerais

Ilustracións: Juan Berrio

Colección: Sopa de libros

ISBN: 9788491217640

Nº de páxinas: 96 páxs

 

Premio de Literatura Infantil Cidade de Málaga, 2020





Sinopse:


Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e sae ao patio para observar a roupa dos tendais e imaxinar como será a vida deses veciños aos que nunca viu. Serán tal e como Lea os imaxina?

 

Nos tempos que vivimos saír da casa é unha das maiores aventuras posibles, polo que moitos nenos ven limitada a súa vida social e as súas posibilidades de xogar por este motivo. Este pensamento acompañoume toda a lectura de Patio de luces de Érica Esmoris, non pola intención desta autora de falar deste tema, senón por todo o contrario.


Coido que personaxes como Lea convidan ós nenos a ver luz na escuridade. Esta rapaza pasa os venres pola tarde co seu avó, porteiro dun edificio, e ten unha limitación clara de movementos, polo que esas tardes eran bastante aburridas para ela. A súa imaxinación lévalle a imaxinar as vidas dos seus veciños e a crear as súas propias historias sobre eles baseadas no pouco que pode observar dende o patio de luces do edificio. Serán estes veciños tal e como a rapaza pensa? Convídovos a ler esta historia para descubrilo.


Entrementres véxome na necesidade de comentar que textos como este de Esmoris son moi necesarios para descubrirlle ós nenos a emoción da lectura e a necesidade de imaxinar, de vivir outras aventuras e participar delas. Non é necesario saír da casa para facelo, calquera cousa pode ser un estímulo para deixar voar a imaxinación.


É tamén destacable no título o feito de que a autora tamén presenta ós maiores como seres non tan diferentes dos rapaces. Os adultos teñen problemas, medos, inseguridades mais tamén reflicten moitos comportamentos que se entenden como correctos pero que non son necesarios. Vivir aventuras, coñecer xente nova e xogar non é so cousa de nenos.


Despois decatouse de que eu estaba ai, ao seu carón, e moderouse. Gústanme eses momentos en que os adultos se esquecen de que os nenos estamos diante: cando lles cae a máscara da calma e se amosan como realmente son.


En resumo, Patio de luces supón unha obra a ter en conta dentro da nosa LIX. Esta é sen dúbida unha historia optimista, entrañable e bonita da que sen dúbida todos os nenos gozarán intensamente. Está claro que en toda escuridade hai sempre algo de luz.


Comments


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Instagram Icon

Se non queres perder ningunha das novas publicacións.

Subscríbete aquí mesmo.

Redes Sociais
bottom of page